Leiro reúne a máis de 500 personas na 39ª carreira popular

Jul 05, 2023

Leiro celebrou onte a súa clásica carreira popular, unha das máis antigas de Galicia, alcanzando este ano as 39 edicións. Reuniu a máis de 500 participantes, cifra récord que se mantén dende os últimos anos. O Salgueiral foi o seu punto central, entorno no que foi moito máis sinxelo facer fronte ás altas temperaturas da xornada.

Está incluída dentro do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, e dela desfrutan cada ano dende os máis pequenos da casa, os pitufos, ata os atletas de renome, que repiten cada ano. Mantendo a súa ruta, este ano tamén incluíu algunha novidade, repetindo paisaxes e diferentes tipos de terreo.