Abr 01, 2022
A Carreira Popular de Leiro afronta iste ano a súa 38ª edición sendo xa nun referente do atletismo galego. Esta nova edición xa ten data, e será o próximo 3 de xullo. O Concello, coa colaboración do equipo Atletismo Arenteiro, xa abriu o seu prazo de inscrición, con acceso a través da páxina web carreirapopulardeleiro.ccnorte.com e a través do portal Carreiras Galegas, da propia federación.
Este ano repetirá a nova ubicación, con saída ás 10:00 horas da mañá e chegada ó Salgueiral, tralo éxito do pasado ano. A entrega de trofeos e o colofón final comezarán ás 12:00 horas, na mesma meta.