Xuñ 30, 2023
A cita chegará ás 39 edicións o próximo 2 de xullo
Unha das citas máis arraigadas no panorama ourensán das carreiras pedestres é a Popular de Leiro, que alcanzará a cota das 39 edicións o próximo 2 de xullo.
O prazo de inscrición terminará mañá ás 23.59 e os atletas xa rexistrados superan a cifra dos catrocentos, incluíndo quen asegurou a súa presenza nas probas de sénior de 10 e 5 quilómetros, así como nas categorías que van desde os pitufos (nacidos nos anos 2018 e posteriores) ata os sub-18.
O epicentro da proba situarase no Salgueiral, xunto ao campo de fútbol, para realizar un percorrido co río Avia como protagonista.