O formato empregado na proba será o de contrarreloxo con Saídas escalonadas cada 20” de 2 en 2 corredores (este formato poderá variarse se os protocolos ou as condicións o permiten) tratando en todo momento de evitar contactos próximos ou posibles aglomeracións.
Deberá gardarse en todo momento a distancia mínima de 1,5 m de separación tanto na saída da proba, malia producirse calquera adiantamento entre corredores durante o transcurso da proba. Non respectar esta distancia pode ser causa de descualifcación do atleta que infrinxa a devandita norma.
As persoas partcipantes deberán presentarse na liña de saída segundo o horario previo publicado pola organización e cunha máscara obrigatoria (a organización proporcionará, a maiores da que traian, unha máscara quirúrxica no momento de atravesar a liña de meta) e só a sacarán xusto no momento anterior á saída da proba, depositándoa nun recipiente destinado para tal efecto.
RECOLLIDA DE DORSAIS
¿Como e cando recollo os dorsais?
No Salgueiral ó lado do Campo de Fútbol o día da proba desde ae 8:00 da mañá ata 15 minutos antes de cada proba. A organización con antelación suficiente facilitará a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utlice para a promoción e información do evento.
É moi importante que os partcipantes lean o protocolo AntiCovid19 e que á hora de recoller o seu dorsal traian asinada a “Declaración responsable”(Anexo I); sen esa declaración asinada, non se lle poderá facer entrega do dorsal.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motvo de descualificación.
Resultados e videochegadas
Cómo podo ver os meus resultados en edicións anteriores deste evento?
Todos os resultados dispoñibles neste evento estarán no apartado resultados diferenciados por edción. Búscate no ano correspondente por apelidos e accede a túa ficha de tempos, diploma, videochegafa, etc.